close
Saltar ao contido

Oxfordshire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oxfordshire
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Economía
Implicados
 Órgano lexislativo
 Autoridade executiva
Localización
 Situado en
 Capital
 Contén división administrativa
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
660.800 (2012) estimación
677.800 (2015)
687.524 (2018) estimación
738.276 (2022) estimación Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   2.604,9318 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap76155 Editar o valor en Wikidata
VIAF133695674 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jt5zcn Editar o valor en Wikidata
NUTSUKJ14 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Oxfordshire é un condado non metropolitano ao sueste de Inglaterra (Reino Unido) cuxa capital é Oxford.[1][2] Limita con Northamptonshire, Buckinghamshire, Berkshire, Wiltshire, Gloucestershire e Warwickshire.

Está dividido en cinco distritos gobernamentais: Oxford, Cherwell, Vale of the White Horse (despois de Uffington White Horse), West Oxfordshire e South Oxfordshire.

O principal recurso do condado é o turismo, a zona salienta pola concentración de compañías e instalacións relacionadas co automobilismo; a Oxford University Press liderou a converxencia de compañías de impresión e publicación e a universidade tamén está vinculada á concentración de compañías de biotecnoloxía.

O principal núcleo de poboación é a cidade de Oxford, xunto con outras poboacións como Bicester, Banbury e Chipping Norton ao norte de Oxford; Witney ao oeste; Thame e Chinnor ao leste; e Abingdon, Wantage, Wallingford, Didcot e Henley-on-Thames ao sur.

O futuro crecemento de poboación do condado espérase que se concentre a redor de Banbury, Bicester, Didcot e Witney preto da zona de crecemento das South Midlands.

O bico máis alto do condado é Whitehorse Hill, no Val do White horse, cunha altura de 261 metros sobre o nivel o mar. O condado ocupa unha área de 2.605 Km² e a súa poboación é de 615.204 habitantes.

Historicamente, a área tivo sempre importancia. Trátase dunha zona de gran valor agrícola situada entre as cidades do sur e na que se atopa a cidade de Oxford (nome derivado da denominación en inglés antigo Oxenaforda, o vao do boi).

Ignorado polos romanos, non foi até a creación da localidade de Oxford cando a área empezou a gañar importancia. Alfredo o Grande naceu en Wantage. A Universidade de Oxford foi fundada no ano 1096. A área foi parte do mercado de la dos Cotswold durante o século XVIII.

Cidades destacadas

[editar | editar a fonte]

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  1. Office for National Statistics (2013). "United Kingdom: Counties and Unitary Authorities" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de febreiro.
  2. Office for National Statistics (2013). "Counties, Non-metropolitan Districts and Unitary Authorities" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 24 de febreiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]