close
Saltar ao contido

Mostar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mostar
 Nome orixinal
   Image Mostar (bs)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Image Mostar (bs)  
Image Мостар (sr)  
Image Mostar (hr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1452 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
1992Siege of Mostar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   105.448 (2003) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   1.175 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   60 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal88000 Editar o valor en Wikidata
VIAF158301705 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02p4th Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons
Image
A ponte de Stari Most en 1930.
Image
A antiga ponte de Stari Most, reconstruída logo de danos de guerra en 2004
Image
Danos de guerra en 1992-95 nun edificio en Bulevar Hrvatskih branitelja en Mostar

Mostar é unha cidade de Bosnia e Hercegovina é o centro do cantón de Herzegovina - Neretva da Federación de Bosnia e Hercegovina. En 2003 tiña 105.448 habitantes. Localízase na ribeira do río Neretva. O 48% da poboación é croata, o 48% bosníaca e o 3 % serbia.

Mostar fundouse a fins do século XV e converteuse no centro administrativo da rexión de Herzegovina. En 1878 integrouse no Imperio Austro-Húngaro, e despois da primeira guerra mundial pasou a formar parte de Iugoslavia.

Guerra bosníaca

[editar | editar a fonte]

Durante a guerra de Bosnia, entre 1992 e 1993, logo que Bosnia - Hercegovina declarase a súa independencia de Iugoslavia, a cidade estivo sometida a sitio durante nove meses. O 3 de abril de 1992 o Exército Popular Iugoslavo (JNA) bombardeou Mostar por primeira vez e na seguinte semana conseguiron controlar gran parte da cidade. O 8 de abril os croatas de Herzegovina fundaron o Consello de Defensa Croata (Hrvatsko Vijeće Obrane, HVO) como unha formación militar para loitar co JNA, na loita os serbios destruíron a catedral católica, o pazo do bispo (coa súa biblioteca de 50.000 volumes), un mosteiro franciscano e 14 mesquitas.

O 12 de xuño HVO xunto a milicias bosníacas conseguiron botar á JNA fóra da cidade, no sitio que seguiu os serbios bombardearon Mostar dende as montañas.

En 1993 os bosníacos e os croatas enfróntanse polo control da cidade, o 9 de maio os croatas bombardearon o barrio bosníaco, reducíndoo a ruínas. E o 9 de novembro a ponte de Stari Most do século XVI, símbolo da cidade, foi destruído por un morteiro croata. O 25 de febreiro de 1994 asinouse un cesamento do fogo, e a cidade permaneceu dividida en dúas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.