close
Saltar ao contido

Manchukuo

Manchukuo
 Nome orixinal
   Image 滿洲國 (zh-hant) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Image 大滿洲帝國 (zh-hant) dende 1934 ata 1945
Image ᡩᠠᠮᠠᠨᠵᡠ ᡤᡠᡵᡠᠨ (mnc) dende 1934 ata 1945
Image 滿洲國 (zh-hant) dende 1932 ata 1934
Image ᠮᠠᠨᠵᡠ ᡤᡠᡵᡠᠨ (mnc) dende 1932 ata 1934 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Epónimo
 Lema
 Himno
Características
 Relixión oficial
 Economía
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
Cargo: Image emperador de Manchukuo Editar o valor en Wikidata
Puyi (1932 - 1945) Editar o valor en Wikidata
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Membro de
 Órgano de prensa
 Banco central
Datas
 Fundación / creación
1 de marzo de 1932 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
18 de agosto de 1945 Manchu emperor's abdication edict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
Localización
 Continente
 Capital
Hsinking (1932 - 1945)
Linjiang (1945 - 1945)
Changchun Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Superficie
   1.554.000 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0fctx Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Manchukuo, oficialmente o Estado de Manchuria antes de 1934, e o Imperio de Manchuria após 1934, foi un estado monicreque do Imperio do Xapón no nordeste da China e en Mongolia Interior dende 1932 até 1945. Foi fundado como república en 1932 despois da invasión xaponesa de Manchuria, e en 1934 converteuse nunha monarquía constitucional. Baixo o control de facto do Xapón, tivo un recoñecemento internacional limitado.

A área era o fogar do pobo manchú, ao cal pertenceron os emperadores da dinastía Qing. En 1931, a rexión foi tomada polo Xapón despois do incidente de Mukden. Un goberno proxaponés foi instalado un ano despois con Puyi, o derradeiro emperador Qing, primeiro como rexente nominal e posteriormente como emperador.[1] O goberno de Manchukuo foi disolto en 1945 despois da rendición do Imperio Xaponés e o remate da segunda guerra mundial. Os territorios reclamados por Manchukuo foron tomados por primeira vez na invasión soviética de Manchuria en agosto de 1945,[2] e logo foron transferidos formalmente á administración chinesa no ano seguinte.[a]

Os manchús formaban unha minoría en Manchukuo, cuxo meirande grupo étnico eran os chineses han. A poboación de coreanos incrementouse durante o período Manchukuo, así o número de xaponeses, mongois, rusos brancos e outras minorías. As rexións mongois do oeste de Manchukuo estaban gobernadas baixo un sistema lixeiramente diferente en recoñecemento das tradicións mongois alí presentes. A parte meridional da península de Liaodong (no presente Dalian) foi gobernada directamente polos xaponeses como o territorio de Kwantung até o remate da segunda guerra mundial.

  1. Aínda que os territorios quedaron baixo a xurisdición do goberno nacionalista antes de que a guerra civil chinesa chegase á súa conclusión en 1949, a breve ocupación soviética axudou a transformar a rexión nunha base de poder para as tropas comunistas chinesas dirixidas por Mao Tse Tung onde o Exército Popular de Liberación podía abastecerse de equipos xaponeses e obter unha vantaxe estratéxica contra o Exército Nacional Revolucionario dirixido por Chiang Kai-shek.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Encyclopædia Britannica article on Manchukuo Arquivado 21 de decembro de 2007 en Wayback Machine.
  2. C. Peter Chen. "Manchurian Strategic Offensive Operation | World War II Database". World War II Database. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]