John Nash
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de xaneiro de 1752 Lambeth |
| Morte | 13 de maio de 1835 East Cowes Castle |
| Causa da morte | doenza |
| Lugar de sepultura | St James's Church, East Cowes (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Arquitectura |
| Ocupación | arquitecto, pintor |
| Profesores | Robert Taylor (pt) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography The Nuttall Encyclopædia >>>:Nash, John New International Encyclopedia |

John Nash, nado en Lambeth (Londres) o 18 de xaneiro de 1752 e finado en East Cowes (Illa de Wight) o 13 de maio de 1835, foi un arquitecto inglés moi activo no Londres da Rexencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse con Humfrey Repton, paisaxista. Comezou a deseñar casas no campo. O triunfo da súa vida foi gañar o concurso da Rúa Regent Street, que o converteu nun arquitecto punteiro en Londres. Pertence ó clasicismo romántico. Regent Street (e Regent's Park) foi unha gran reforma urbanística (1811-1830).
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |