close
Saltar ao contido

Pisa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pisa
 Nome orixinal
   Image Pisa (it)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Image Pisa (it)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
   Image pisani (it)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Composto por
Características
 Representado por
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Pisa Editar o valor en Wikidata
Michele Conti (en) Traducir (2018 - )
Paolo Fontanelli (1998 - 2008)
Piero Floriani (pt) Traducir (1994 - 1998)
Marco Filippeschi (2008 - 2018) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
Pisae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
 Nomeamentos
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
103.600 (1971) estimación
104.000 (1986) estimación
93.000 (1997) estimación
87.353 (2008)
89.940 (2015)
89.745 (2016)
90.488 (2017) balance demográfico
90.118 (2018) balance demográfico
90.096 (2019) balance demográfico
90.036 (2020) balance demográfico
89.969 (2021) balance demográfico
89.002 (2022) balance demográfico
88.737 (2023) balance demográfico Editar o valor en Wikidata
 Superficie
185,07 km²
185 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   4 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal56100 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap42527 Editar o valor en Wikidata
VIAF204007255 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122932886 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/064xp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX451567
Wikidata G:Commons C:Commons

Pisa ([ˈpiːsa]) é un concello ("comuna") da rexión de Toscana e mais é a capital da provincia homónima de Italia.

Image
Torre inclinada de Pisa

Fundada presumiblemente como colonia grega, foi unha cidade etrusca e despois colonia romana no ano 180 a.C..

Do século IX ó século XI converteuse nunha das repúblicas mariñeiras, combatendo ós árabes polo control do Mediterráneo e rivalizando con Xénova e Venecia.

Pisa tivo un crecemento posterior do poder económico e político debido á adquisición de posesións e dereitos comerciais no leste do Mediterráneo durante o período das cruzadas. Durante as loitas con Xénova pola posesión de Córsega e Sardeña, Pisa foi vencida polos xenoveses na batalla de Meloria no 1284.

Como cidade xibelina, nos s. XIII e s. XIV estivo de arreo en loita con Florencia, á cal venceu no 1406.

Algúns dos monumentos máis importantes de Pisa é a catedral (1068-1118), de estilo románico coa fachada de mármore, portas de bronce de Bonnano Pisano e o púlpito de Giovanni Pisano) e a soada torre de Pisa, do s. XII, de 55 metros de alto, que se caracteriza pola súa inclinación, que comezou a producirse xusto despois da súa construción.

Xeografía física

[editar | editar a fonte]

A cidade atópase a poucos quilómetros da desembocadura do río Arno, nunha zona de chaira chamada Valdarno inferior, pechada ao norte polo monte Pisani.

A área que rodea a cidade está clasificada como de risco sísmico, o municipio foi o epicentro de dous sismos: o terremoto do 10 de xaneiro de 1168, e o terremoto de 1322 ambos tremores foron dunha magnitude de 4,63 na escala Richter , alcanzando o grao V-VI da Escala de Mercalli.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

As orixes do nome de Pisa son incertos. A miúdo remóntanse á cidade homónima grega de Elis, habitantes dirixidos por Penélope, poida que fundaran a Pisa Toscana despois da guerra de Troia. Pisa tamén é a miúdo chamada a cidade de Alfea pola súa orixe grega (polo río Alfeo en Élide, Peloponeso). Outros historiadores pensan que poida derivar da palabra pise que os etruscos utilizan para "boca" (en lingua acadia pi = boca, estuario de río). Pero a etimoloxía de Pisa tamén pode provir da lingua lígur para indicar un lugar pantanoso, ou segundo Pino Masi, do grego antigo "Bisae" que se refire aos pasos que se elevan dende o río. Poida que isto se deba á presenza de dous ríos, o Ozzeri (xa desaparecido) ao norte do asentamento e o Arno ao sur. Mentres que en lingua latina a cidade grega se refire simplemente como Pisa, a cidade da Toscana coñécese como Pisae, en plural, e isto sen dúbida inclina cara á orixe da pise etrusca, na que os romanos chamaban Pisae, pero a hipótese non é de todo correcta, porque o substantivo "Pisae" se basea no "pluralia tantum" como tantas outras cidades dos substantivos latinos (Atenae, Atenarum).

Mes Estación Ano
Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Inv Pri Ver Out
T. max. media (°C) 11,2 12,7 14,9 18,3 22,2 26,1 29,3 28,9 25,9 21,2 15,9 12,1 12 18,5 28,1 21
19,9
T. min. media (°C) 2,9 3,5 5,4 8,3 11,7 15,3 17,4 17,5 14,7 10,6 6,6 3,5 3,3 8,5 16,7 10,6
9,8
Precipitacións (mm) 74 64 77 61 59 34 16 60 83 107 106 82 220 197 110 296
823
Fonte: Image Facoltà di Agraria de Pisa (1961-1990)

Simboloxía

[editar | editar a fonte]
Image Image Image Image
Bandeira de Pisa, escudo de armas da Cidade e do Concello.Escudo de armas alternativo da Cidade.Áquila Imperial, escudo da Provincia.República Marítima, escudo da Mariña Italiana.

Monumentos e lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Image
Vista dende a Praza do Duomo (Pisa).
  • Piazza del Duomo
  • O Duomo
  • Campanile di Santa Maria
  • Battistero
  • Campo Santo
  • Piazza dei Cavalieri
  • Lungarno
  • Le Mura
  • Mural Tuttomondo di Keith Haring

Poboación

[editar | editar a fonte]

Poboación censada en Pisa e evolución da mesma dende 1861.

Image

Irmandada

[editar | editar a fonte]

Pisa está irmandada con:

  • Francia Angers (1982)
  • Image Akko
  • Image Niles (Illinois)
  • Image Coral Gables
Image
Panorama do centro histórico de Pisa dende o campanario do duomo.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]