En 1964, na parroquia de San Nicolás, no Bronx, un apaixonado e carismático sacerdote, o padre Flynn (Philip Seymour Hoffman) está tratando de cambiar as ríxidas normas do colexio, que durante anos foron coidadosamente salvagardadas pola irmá Aloysius Beauvier (Meryl Streep), unha estrita directora que cre firmemente no poder da disciplina. Ventos de cambio político están varrendo a comunidade, e de feito o colexio aceptou o seu primeiro alumno negro, Donald Miller. Pero cando a irmá James (Amy Adams), inocentemente, lle conta á irmá Aloysius as súas sospeitas de que o padre Flynn presta demasiada atención a Donald, a superiora, sen contar cunha soa proba, comeza unha cruzada persoal para sacar á luz a verdade e expulsar a Flynn do colexio por abusar do alumno. Esta batalla ameaza con desgarrala comunidade de xeito irreversible.