close
Saltar ao contido

Ardipithecus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ardipithecus
Ardipithecus
Tim White, Gen Suwa, Berhane Asfaw 1995 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Sinónimos e subdivisións
 Subdivisións
Ardipithecus kadabba
Ardipithecus ramidus
Datas
 Data de comezo
hai 5.600.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 4.400.000 anos Editar o valor en Wikidata
 Período
Zancleano (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdePrimates
FamiliaHominidae
SubfamiliaPreanthropinae
XéneroArdipithecus Editar o valor en Wikidata
White, Gen Suwa e Berhane Asfaw, 1995 Ardipithecus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0mfl Editar o valor en Wikidata
OTT3607705 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Ardipithecus é un xénero extinto de homínido que viviu entre o Mioceno tardío e o Plioceno na Depresión de Afar, Etiopía. Orixinalmente descrito como un dos máis antigos antepasados do ser humano, é na actualidade tema de debate a súa relación co xénero humano e se é un homínido ou non. Foron descritas dúas especies fósiles: A. ramidus, que viviu hai 4,4 millóns de anos, e a A. kadabba, que data de hai 5,6 millóns de anos (Mioceno tardío). O comportamento dos ardipithecus podería ter sido semellante ó dos chimpancés.[1]

Os restos da especie Ardipithecus ramidus atopounos un equipo dirixido por Tim White no curso medio do río Awash, no territorio poboado polos afar de (Etiopía), a partir de 1992 e para os que estableceu a nova especie de Ardipithecus ramidus en 1995 baseada nos vocábulos afar ardi (chan) e ramid (raíz) e no grego pithecus (mono); a antigüidade da especie remóntase a 4,4 millóns de anos. Polo tamaño dos ósos pénsase que era do tamaño dun chimpancé moderno, habitando un medio forestal, presentando os seus dentes un esmalte fino como os dos chimpancés o cal indica que a súa dieta consistía en froitos, follas e en xeral produtos vexetais brandos.

No ano 2005 un equipo da Universidade de Indiana dirixido por Sileshi Semaw encontrou restos dun metacarpo de Ardipithecus ramidus que podería demostrar que era bípede.

  1. Stanford, Craig B. (2012). "Chimpanzees and the Behavior of Ardipithecus ramidus". Annual Review of Anthropology 41 (1). pp. 139–149. doi:10.1146/annurev-anthro-092611-145724.