Benvido a EGU - Enciclopedia Galega Universal
Aínda non se creou contido para a páxina principal.
Político turco. Coñecido como Ismet Inönü, ao proclamarse a República Turca foi nomeado primeiro ministro (1923-1937) e á morte de M. Kemal Atatürk como presidente (1938-1950). Foi presidente do Cumhuriyet Halk Partisi (Partido Republicano do Pobo) entre 1938-1972.
Presidenta da Fundación Penzol. Realizou a carreira de Maxisterio e en 1948 casou con Fermín Penzol. Compartiu a paixón pola cultura co seu home e, tralo seu pasamento (1981), foi nomeada presidenta da Fundación Penzol. Baixo a súa presidencia a fundación cambiou de sede e impulsou a informatización do proceso técnico dos fondos. En 2002 recibiu a Medalla Castelao.
Pintor. Instalouse en París coa súa familia en 1782 e foi discípulo de J. L. David. Foi un pintor ecléctico no que respecta á súa obra, tanto neoclásica, entre outras L’amour et psyché (1798), como romántica, entre outras Corinne au Cap Misène (1819), e en canto á súa clientela, pois traballou tanto para a Convención, axudando a David, como para o Consulado e o Imperio, entre outras obras na decoración da Malmaison, e para a Restauración, pois foi pintor de cámara de Luís XVIII. Dos seus retratos destacan Mme Récamier (1802), A comtesse Regnault e Mme Visconti (1810). Cultivou tamén a pintura histórica en Vitoire d’Austerliz (1810) e Entrée de Herni IV à Paris (1817).
Igrexa parroquial situada en Sarria. De estilo románico, ten planta e ábsida rectangulares e posúe un arco triunfal de medio punto con capiteis historiados con homes e animais. Destaca o retablo do s XVIII.
Monxe que chegou a Samos xunto coa súa irmá Sarra para restaurar a vida monástica. Abandonado o mosteiro trala invasión musulmana, o Rei Froila I concedeulle este asentamento para a súa repoboación. Durante un certo tempo funcionou como mosteiro dúplice. Un diploma dos tempos de Ordoño II, con data do 1 de agosto de 922, relata esta chegada.
Publicación editada a partir de 1873 en Ferrol e que non cesou a súa edición cando menos ata 1883. De tendencia monárquico-liberal, subtitulouse “De noticias y anuncios” e defendeu os intereses da Mariña. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Nicasio Taxonera. Incluíu crónica local, novas relacionadas coa Mariña e diversos artigos de variedades.
Bispo de Xerusalén. Presidiu un concilio en que se decidiu que a Pascua tiña que celebrarse sempre en domingo. A súa festividade celébrase o 29 de outubro.
