close
Saltar ao contido

Retroacrónimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retroacrónimo
Imaxe
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/09769 Editar o valor en Wikidata
Wikidata
Image
O sinal de rescate SOS recibiu varios retroacrónimos, como Save Our Souls ou Socorro, Oh, Socorro!

Un retroacrónimo é un acrónimo novo e falso creado a partir dunha palabra xa existente ou doutro acrónimo. Poden ser inventados con intencións serias ou lúdicas. Algúns deles crearonse e difundirounse como mitos lingüísticos.[1]

Como falsas etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Ás veces, un retroacrónimo popularízase como unha falsa etimoloxía.

Un exemplo é o do sinal de socorro SOS, que foi escollido por ser facilmente radiado en código morse cunha sucesión de tres pulsos curtos, tres longos e outro tres curtos (). Porén, popularizáronse retroacrónimos desta sinal, como Save Our Souls —en galego, Salvade as nosas almas—; a locución latina si opus sit —en galego, se fose necesario—, ou Socorro, Oh, Socorro![2][3]

Outro caso deuse cando se popularizou un mito que afirmaba que Adolf Dassler escolleu o nome Adidas a partir da frase All I Do is dream about sport (todo o que fago é soñar sobre o deporte).[4]

No eido do software libre é habitual achar retroacrónimos. Por exemplo, Wine é un programa para executar software de Windows en sistemas baseados en UNIX. Orixinalmente, procedía de Windows Emulator; pero posteriormente o proxecto creou o retroacrónimo "Wine is not an emulator" — en galego, Wine non é un emulador—.[5][6]

É común achar retroacrónimos en nomes de leis, como na Lei USA PATRIOT —en galego, Lei PATRIÓTICA ESTADOUNIDENSE—, que provén de Uniting and Strengthening America by Providing Appropriate Tools Required to Intercept and Obstruct Terrorism Act[7] (Lei para unir e fortalecer Estados Unidos proveendo as ferramentas apropiadas, requiridas para impedir e obstaculizar o terrorismo, en galego).

Finalmente, popularizáronse retroacrónimos humorísticos para diversas institucións: Sempre estarás apertando parafusos ("tornillos") para a empresa de automóbiles SEAT (en referencia á percibida mala calidade dos seus coches);[8] Asociación de idiotas dispostos a suar por Adidas; ou Ingresar á Voraz Administración para a IVE.