Tal día coma hoxe no ano...
|-
|
1469 , nace Manuel I , rei de Portugal .
1740 , morre Frederico Guillerme I de Prusia .
1916 , ten lugar a Batalla de Xutlandia durante a Primeira Guerra Mundial .
1923 , nace Rainiero III , príncipe de Mónaco .
1953 , morre Vladimir Tatlin , pintor e arquitecto ruso.
1962 , morre Adolf Eichmann , oficial nazi alemán.
Hoxe é o Día Mundial sen Tabaco (na imaxe).
|-
|}
Efemérides destacadas dos próximos días
Mañá será o 1 de xuño de 2026
Tal día coma hoxe no ano...
|-
|
Norman Foster en 2006
1854 , Manuel Murguía publica o seu primeiro texto en galego, no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades".
1890 , suicídase Camilo Castelo Branco , escritor portugués (n. 1825).
1910 , nace en Buenos Aires Luís Seoane , editor, escritor, xornalista, gravador e pintor galego (m. 1979 ).
1926 , nace Marilyn Monroe , actriz (m. 1962).
1935 , nace Norman Foster (na imaxe), arquitecto británico.
|-
|}
Pasadomañá será o 2 de xuño de 2026
Tal día coma hoxe no ano...
|-
|
Hoxe é a Festa della Repubblica en Italia .
|-
|}
Queres axudar?
Apetéceche colaborar connosco nas efemérides? Estás no lugar indicado. Actualmente as efemérides dos 366 días do ano xa están creadas; aínda así non desesperes, pódesnos axudar igualmente! Para iso só tes que elixir o día que queiras e ampliar os acontecementos que xa aparezan cos eventos que desexes, sempre e cando comprobes e esteas seguro de que corresponden a ese día; do contrario, estes serán eliminados. Toda a axuda sempre é benvida, sempre e cando sigas a guía de estilo que vén aquí embaixo, a continuación.
Guía de estilo
Cada día ten moitas efemérides e non caben todas na Portada ; por iso é preciso seguir unhas directrices á hora da súa escolla:
As efemérides seleccionadas deberán ser entre 6 ou 8 .
As efemérides deben estar redactadas en tempo presente .
As efemérides deberán estar en orde cronolóxica : das máis antigas ás máis recentes.
As efemérides seleccionadas seguen unha orde de preferencia que se debe cumprir sempre que sexa posíbel:
Outros aspectos
Estes son outros aspectos a ter en conta na realización da efemérides da Portada:
Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan (mellor que sexa un evento que o nacemento/morte de alguén). Para colocar a foto hai que usar o seguinte código:
<div style="float:left; margin-right:1.5em;">[[Ficheiro:TÍTULO DA IMAXE|left|border|125px|link=ARTIGO|alt=DESCRICIÓN MOI BREVE]]</div>
NOTA: O tamaño das imaxes pode agrandarse ou reducirse lixeiramente debido a que algunhas poden quedar excesivamente pequenas ou grandes con 125 píxeles (125px ).
Listaxe de efemérides destacadas
A continuación móstrase unha listaxe das efemérides destacadas de todos os meses e, detalladas, as do actual mes de maio :
1 de maio (ver • editar )
Manifestación en París o Día Internacional dos Traballadores 1834 , queda abolida a escravitude no Imperio Británico .
1886 , folga xeral nos Estados Unidos coa manifestación nas rúas de Chicago esixindo 8 horas de traballo semanais. Os acontecementos posteriores motivaron a creación do Día do Traballo nesta data na maioría dos países industrializados .
1945 , durante a Segunda Guerra Mundial , as tropas soviéticas izan a súa bandeira no Reichstag de Berlín (Alemaña ).
2004 , a Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia , Chipre , Eslovaquia , Eslovenia , Estonia , Hungría , Letonia , Lituania , Malta e Polonia .
2006 , o presidente boliviano Evo Morales nacionaliza os hidrocarburos .
Hoxe é o Día Internacional dos Traballadores (na imaxe).
2 de maio (ver • editar )
1519 , morre Leonardo da Vinci , inventor e pintor italiano.
1729 , nace a emperatriz rusa Catarina a Grande .
1808 , iníciase en España a sublevación contra a ocupación das tropas napoleónicas no país (na imaxe).
1860 , nace Theodor Herzl , fundador do sionismo político.
1945 , na Segunda Guerra Mundial , os soviéticos ocupan Berlín ; en Italia , as tropas de Alemaña réndense aos Aliados .
1975 , nace David Beckham , exfutbolista inglés .
3 de maio (ver • editar )
Napoleón I de Francia
Hoxe é o Día Mundial da Liberdade de Prensa .
4 de maio (ver • editar )
Hoxe é o día de Star Wars .
5 de maio (ver • editar )
6 de maio (ver • editar )
1861 , nace Rabindranath Tagore , escritor, poeta e músico indio (m. 1941 ).
1889 , a Torre Eiffel (na imaxe) é oficialmente aberta ao público durante a Exposición Universal de París .
1937 , acontece o desastre do Hindenburg : prende o lume no cepelín alemán Hindenburg e destrúese en menos de un minuto ao tentar pousar en Lakehurst, Nova Jersey , causando 36 mortos.
1992 , morre Marlene Dietrich , actriz alemá.
1994 , inaugúrase o Eurotúnel que atravesa o Canal da Mancha .
7 de maio (ver • editar )
1711 , nace David Hume , filósofo escocés (m. 1776 ).
1840 , nace Pyotr Ilych Tchaikovsky , compositor ruso (m. 1893 ).
1915 , durante a Primeira Guerra Mundial un submarino alemán U-20 afunde, no mar de Irlanda , o RMS Lusitania (na imaxe) dos Estados Unidos , causando a morte de 1.200 persoas. Alemaña e os Estados Unidos rompen as relacións diplomáticas.
1937 , durante a Guerra Civil Española , chegan tropas alemás da Lexión Cóndor , equipadas con avións Heinkel He-51 , para axudar ás tropas de Francisco Franco contra a República .
2006 , a revista musical Rolling Stone publica o seu número 1.000.
8 de maio (ver • editar )
1046 , nace Costanza de Borgoña , raíña consorte de León e Castela e nai de Orraca de Galicia e León .
1884 , nace Harry S. Truman (na imaxe), ex-presidente dos Estados Unidos .
1902 , na Martinica , a Montaña Pelée (volcán ) estoupa, matando 30.000 persoas. Soamente uns poucos habitantes, entre eles un prisioneiro, sobreviven.
1945 , rendición incondicional das tropas alemás na Segunda Guerra Mundial .
1999 , morre Dirk Bogarde , actor británico.
9 de maio (ver • editar )
Hoxe celébrase o Día de Europa (imaxe da bandeira).
10 de maio (ver • editar )
1452 , nace Fernando II de Aragón , o Católico (m. 1516 ).
1933 , comeza a Bücherverbrennung (queima de libros) polos nazis en Múnic e outras cidades da Alemaña .
1940 , Alemaña invade Francia , Países Baixos , Bélxica e Luxemburgo na Segunda Guerra Mundial ; Winston Churchill é nomeado primeiro ministro do Reino Unido .
1972 , Zeca Afonso (na imaxe) canta por vez primeira o Grândola, Vila Morena , no Burgo das Nacións, Santiago de Compostela .
1973 , fúndase a Fronte Polisario no Sáhara Ocidental .
Hoxe celébrase o Día Mundial contra o Lupus .
11 de maio (ver • editar )
1928 , inaugúrase o primeiro servizo de transmisión de televisión , en Nova York .
1571 , nace Niwa Nagashige , señor da guerra xaponés .
1904 , nace Salvador Dalí (na imaxe), pintor (m. 1989 ).
1927 , morre Juan Gris , pintor cubista español (n. 1887).
1981 , morre Bob Marley , cantante xamaicano de reggae .
12 de maio (ver • editar )
1881 , Tunisia , ó norte de África , tórnase protectorado de Francia .
1886 , sae á luz o primeiro número de El Socialista , revista de corte obreiro-sindicalista fundada por Pablo Iglesias .
1910 , Dorothy Crowfoot , científica británica, Premio Nobel de Química polo seu traballo en cristalografía (m. 1994 ).
1921 , morre Emilia Pardo Bazán (na imaxe), escritora galega en lingua castelá.
1929 , nace Sam Nujoma , primeiro presidente de Namibia .
1976 , o petroleiro Urquiola sofre un accidente na Ría da Coruña .
Hoxe celébrase o Día Mundial da Fibromialxia .
13 de maio (ver • editar )
14 de maio (ver • editar )
15 de maio (ver • editar )
Hoxe é o Día Internacional das Familias .
16 de maio (ver • editar )
1770 , María Antonieta (na imaxe) casa con Lois XVI , futuro rei de Francia .
1894 , nace Joan Salvat-Papasseit , poeta catalán.
1909 , nace Manuel Chamoso Lamas , arqueólogo e escritor galego.
1953 , nace Pierce Brosnan , actor irlandés.
1975 , a India anexiona o principado do Sikkim .
2015 , morre en Vigo María do Carme Kruckenberg , escritora galega.
17 de maio (ver • editar )
Hoxe é o Día das Letras Galegas , o Día de Internet e o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia .
18 de maio (ver • editar )
37 , o Senado Romano cesa o mandato de Tiberio e proclama a Calígula emperador.
1766 , durante a Revolta Americana, o Parlamento Británico anula a Lei do Selos , que foi moi impopular nas colonias británicas .
1916 , nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, Manuel Lugrís Freire , Antón Villar Ponte , Florencio Vaamonde Lores , Uxío Carré Aldao — entre outros— acordan a creación das Irmandades da Fala para a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia .
1920 , nace Karol Józef Wojtyla, futuro papa Xoán Paulo II .
1965 , Aleksei Leonov (na imaxe), cosmonauta ruso , convértese na primeira persoa en camiñar polo espazo.
Hoxe é o Día Internacional dos Museos .
19 de maio (ver • editar )
1536 , decapitan a Ana Bolena (na imaxe), a segunda esposa de Henrique VIII , na Torre de Londres .
1593 , nace Jacob Jordaens , pintor flamengo (m. 1678 )
1864 , morre Nathaniel Hawthorne , novelista e escritor de historias curtas norteamericano (n. 1804 ).
1890 , nace Ho Chi Minh , líder da independencia de Vietnam (m. 1969 ).
1935 , morre Thomas Edward Lawrence , coñecido como Lawrence de Arabia, oficial de enlace británico durante a sublevación árabe de 1916 a 1918 (n. 1888 ).
1951 , nace Joey Ramone , cantante da banda de rock The Ramones (m. 2001 ).
20 de maio (ver • editar )
1506 , morre Cristovo Colón (na imaxe), explorador e navegante que descubriu América (n. 1451 ).
1903 , morre Marcial Valladares Núñez , escritor galego, autor do Diccionario gallego-castellano , con 11.000 vocablos que recolleu entre 1850 e 1884 (n. 1821 ).
1908 , nace en Indiana (Pensilvania ) o actor James Stewart (m. 1997 ).
2002 , Xanana Gusmão convértese no primeiro presidente de Timor Leste tras a independencia .
2007 , morre Stanley Lloyd Miller , químico e biólogo estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a orixe da vida (n. 1930).
21 de maio (ver • editar )
1471 , nace Albrecht Dürer , pintor alemán (m. 1528 ).
1850 , nace Giuseppe Mercalli , vulcanólogo italiano (m. 1914 ).
1904 , fúndase a FIFA .
1927 , Charles Lindbergh (na imaxe) atravesa o Atlántico en avión de Nova York a París , en solitario e sen escalas.
2003 , un terremoto no norte da Alxeria mata máis de 2000 persoas.
2006 , en referendo , Montenegro aproba a independencia da república, separándose da Serbia . É o fin de Serbia e Montenegro e da última unión da Iugoslavia .
22 de maio (ver • editar )
1813 , nace Richard Wagner , compositor, director de orquestra, poeta e teórico musical alemán.
1851 , nace Concepción Sáiz , mestra, pedagoga , feminista e escritora galega .
1885 , morre Victor Hugo , escritor francés.
1949 , morre Pilar Millán Astray (na imaxe), escritora e comediógrafa galega en lingua castelá .
1960 , en Chile un tremor que mediu 9,5 na escala de Richter sacudiu Santiago e Concepción , desatando ondas xigantescas e erupcións volcánicas , facendo que 5.000 persoas morresen e dous millóns quedasen sen fogar.
1990 , o Iemen do Norte únese co Iemen do Sur , formando a República do Iemen .
Hoxe é o Día Internacional da Diversidade Biolóxica .
23 de maio (ver • editar )
1179 , o Papa Alexandre III emite a bula Manifestis Probatum en que recoñece Portugal como reino independente.
1707 , nace Carl von Linné (na imaxe), botánico (m. 1778 ).
1873 , fúndase a Policía Montada do Canadá .
1906 , morre Henrik Ibsen , damaturgo e poeta (n. 1828 ).
1949 , fúndase a República Federal de Alemaña , ou Alemaña Occidental.
1951 , nace Anatoli Karpov , xogador de xadrez ruso.
24 de maio (ver • editar )
25 de maio (ver • editar )
1681 , morre Pedro Calderón de la Barca (na imaxe), escritor de teatro español.
1786 , morre o rei Pedro III de Portugal .
1803 , nace Ralph Waldo Emerson , escritor e filósofo estadounidense.
1895 , a policía arresta en Londres o escritor irlandés Oscar Wilde por ser homosexual .
1940 , iníciase a Batalla de Dunquerque , na Segunda Guerra Mundial .
1946 , a Xordania independízase, sendo o Emir Abdullah I escollido como rei.
26 de maio (ver • editar )
1689 , nace Mary Wortley Montagu , escritora de orixe inglés.
1896 , Nicolao II convértese en tsar .
1899 , nace Avelino Cachafeiro , o Gaiteiro de Soutelo (m. 1972 ).
1926 , nace Miles Davis , músico de jazz (m. 1991 ).
1966 , a Güiana tórnase independente do Reino Unido .
1976 , morre Martin Heidegger (na imaxe), filósofo alemán (n. 1889 ).
1986 , a Unión Europea adopta a súa bandeira .
27 de maio (ver • editar )
1332 , nace Ibn Khaldun , historiador árabe (m. 1406 ).
1703 , o tsar Pedro, o Grande (na imaxe) funda San Petersburgo .
1911 , nace Vincent Price , actor estadounidense.
1922 , nace Christopher Lee , actor británico.
1960 , prodúcese un golpe de estado na Turquía .
2006 , un terremoto na illa de Xava devasta Bantul e Yogyakarta e mata 6.000 persoas.
28 de maio (ver • editar )
585 a. C. , prodúcese unha eclipse solar prevista por Tales de Mileto .
1509 , morre Catarina Sforza , condesa de Forli e unha das mulleres máis importantes do seu tempo en Italia.
1787 , morre Leopold Mozart , pai de Wolfgang Amadeus .
1878 , morre Benito Vicetto (na imaxe), escritor, xornalista e historiador galego.
1908 , nace Ian Fleming , escritor británico, creador de James Bond .
1968 , nace Kylie Minogue , cantante australiana .
Hoxe é o Día da Hixiene Menstrual e o Día Nacional da Nutrición
29 de maio (ver • editar )
1727 , Pedro II convértese en tsar .
1814 , morre Xosefina de Beauharnais , emperatriz consorte de Francia polo seu matrimonio con Napoleón Bonaparte .
1917 , nace John Fitzgerald Kennedy , presidente de Estados Unidos (m.1963 ).
1958 , morre Juan Ramón Jiménez (na imaxe), poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956 (n. 1881 ).
1982 , morre Romy Schneider , actriz (n. 1938 ).
30 de maio (ver • editar )
31 de maio (ver • editar )
1469 , nace Manuel I , rei de Portugal .
1740 , morre Frederico Guillerme I de Prusia .
1916 , ten lugar a Batalla de Xutlandia durante a Primeira Guerra Mundial .
1923 , nace Rainiero III , príncipe de Mónaco .
1953 , morre Vladimir Tatlin , pintor e arquitecto ruso.
1962 , morre Adolf Eichmann , oficial nazi alemán.
Hoxe é o Día Mundial sen Tabaco (na imaxe).